www.youtube.com/watch?v=5lMbVzFtvM8
Este verano en el festival folclorico en los jardines de Los Cantones de A Coruña.
A Republica do Daguestán (ruso:Респу́блика Дагеста́н) é un suxeito federal da Federación Rusa (unha república). É a máis grande republica de Rusia no Norte do Cáucaso, en superficie e poboación.
A republica está situada na cordilleira do Cáucaso Norte. É a parte máis ao sur de Rusia.
Limita ao norte con Kalmukia, ao sur con Acerbaixán, ao leste co mar Caspio, ao oeste con Chechenia e ao noroeste co Krai de Estavropol. O seu punto máis alto é o monte Bazardyuzi (4.466 m). A distancia máxima de norte a sur son 400 km, e de leste a oeste 200 km.
Hai máis de 1.800 ríos, destacando o Sulak, o Samur e mailo Terek. As costas do Daguestán exténdense sobre máis de 400 km ao longo do mar Caspio.
A maior parte do territorio da republica é montañés, coas grandes montañas caucasas cubrindo o sur. O ponto cumio é o pico de Bazardyuzi, de 4.466 m.
Grupos étnicos
No Daguestán conviven máis dunha ducia de grupos étnicos:
Pobos Daguestanís: 80 %; comprenden:
Pobos do grupo lingüístico Daguestání:
Avares — aproximadamente 500.000
Darxins — aproximadamente 300.000
Lezxins — máis de 200.000
Tabasarans — aproximadamente 70.000
Rutuls — aproximadamente 15.000
Agul — aproximadamente 15.000
Tsakhuros — aproximadamente 10.000
Kumyks — máis de 200.000
Laks — aproximadamente 100.000
Nogays — aproximadamente 35.000
Azerís — aproximadamente 85.000
Rusos: 9 %, aproximadamente 85.000
Chechenos: 3 %, aproximadamente 65.000
Outros: 8 %:
Tatos — aproximadamente 10.000
Ukrainos — aproximadamente 10.000
Tatares — menos de 10.000
Osetios — menos de 5.000
Xudeus das montañas — probablemente menos de 5.000
Atópanse tamen pequenos groupos coma os Balkares (que viven principalmente en Kabardino-Balkaria), ou os Xinukhs, uns 200, membros dunha familia complexa de Caucasianos autoctonos — uns 40 grupos, comprendendo pobos pouco coñecidos coma os Akhwakhs, moitos deles concentranse no Daguestán. A destacar tamen os Laks que inmigraron despois dunha deportación na epoca sovietica, e os Hunzibs ou pobo Khunzal que viven somente en catro cidades do interior.
A lingua franca no Daguestán é o ruso, fálanse máis de trinta linguas.
O Daguestán converteuse nunha republica da Federación de Rusia no 1991.
En 1999 un grupo de fundamentalistas musulmans vindo de Chechenia, baixo o comandante de Khamil Basaiev, asi como apoios locais, lanzan unha insurreción no Daguestán. Iso provoca a decision rusa de invadir Chechenia ese ano.
O célebre xefe musulmán Imam Khamil era do Daguestán. El era un Avar.
O chan do Daguestán é rico en petróleo, gas natural, carbón e outros. |